Saltar ao contido

Antonio Durán "Morris"

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Durán "Morris"

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antonio Segundo Durán Moreiras Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMorris Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, presentador, actor de dobraxe Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata -
Familia
ParellaEnma Pino Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0244460 Allocine: 174297 Allmovie: p450696 BNE: XX4807827 BUSC: morris-1959 Editar o valor en Wikidata

Antonio Segundo Durán Moreiras, nado en Vigo o 9 de xullo de 1959, é un actor galego, máis coñecido como "Morris".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Morris, á saída da presentación d' Os mortos van á présa en Ribadeo en 2009.

Ten unha longa experiencia interpretativa en teatro, e é un dos rostros máis coñecidos das producións audiovisuais galegas. Fixo varios anuncios publicitarios, ademais de participar en series de televisión e películas de ámbito estatal con papeis secundarios.

Foi actor e presentador en diversos programas da TVG desde que esta comezara as súas emisións nos anos 80. Especialmente popular fíxoo o seu papel de Antón na serie Pratos combinados, que interpretou durante máis dunha década.

En teatro traballou en dúas ducias de obras desde 1978, especialmente para o Centro Dramático Galego e para a compañía Artello, da que foi fundador. En 2011 participou na obra O florido pénsil.

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • "Tararará Chispum" (1978), Creación colectiva (Artello)
  • "Picnic" (1979), de Fernando Arrabal (Artello)
  • "As Nubes" (1980), de Aristófanes (Artello)
  • "A Cantante calva" (1981), de Eugene Ionesco (Artello)
  • "Manda Truco" (1982), Creación colectiva (Artello)
  • "Celtas sen filtro" (1983), Xose L. Méndez Ferrín e Artello (Artello)
  • "Woyzeck" (1984), de Georg Büchner (Centro Dramático Galego)
  • "Gulliver F.M." (1985), de Antón Reixa (Centro Dramático Galego)
  • "O Enfermo Imaxinario" (1986), de Molière (Centro Dramático Galego)
  • "Almas Perdidas" (1987), de Xosé Cermeño (Centro Dramático Galego)
  • "Gran Venta X Aniversario" (1988), Creación colectiva (Artello)
  • "As Alegres Casadas" (1989), de W. Shakespeare (Centro Dramático Galego)
  • "Batea" (1990), Creación colectiva (Artello)
  • "A Matanza dos Seixas" (1993), de Antonio Blanco (Artello)

Televisión

[editar | editar a fonte]

Programas

[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos

[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos

[editar | editar a fonte]

Sonorización e dobraxe

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Título Resultado
2002 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2003 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2005 Mellor actor protagonista Pratos combinados Nomeado
2006 Mellor actor secundario O partido Gañador
2007 Mellor actor protagonista Air Galicia Nomeado
2008 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
Mellor actor secundario Os mortos van á présa Nomeado
2009 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2010 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2011 Mellor actor protagonista Doentes Gañador
2012 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2013 Mellor actor protagonista Padre Casares Nomeado
2014 Mellor actor protagonista A esmorga Gañador
Mellor actor secundario Códice Gañador
2015 Mellor actor protagonista Hospital Real Nomeado
2016 Mellor actor secundario Pazo de familia Nomeado
2017 Mellor actor secundario Dhogs Gañador
Ano Categoría Título Resultado
1998 Mellor actor protagonista O Embruxado e Juanito Ventolera Nomeado
2000 Mellor actor protagonista Calígula Nomeado
2011 Mellor actor protagonista O florido pénsil Nomeado
2015 Mellor actor protagonista O crédito Nomeado
  • 1985: Premio na I Feira Internacional de Teatro de Ribadavia ao Mellor Actor Protagonista por Woyzeck
  • 1987: Premio Compostela ao Mellor Actor Protagonista por Falstaff
  • 2005: Premio da Televisión e do Cine de Galicia ao Mellor Actor. Revista Imaxe&Comunicación
  • 2006: Premio da Televisión e do Cine de Galicia ao Mellor Actor. Revista Imaxe&Comunicación

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]